,

OBRADOIROS FAMILIARES

Formulario de inscrición.

Dende a Concellaría de Benestar Social Municipal, como complemento ao traballo que se realiza nas aulas cos escolares, ofertaronnos varios Obradoiros Familiares que están pensados como un espazo puntual de reunión para familias. Nestes obradoiros abórdase un tema de interese de forma monográfica e intensiva (cada temática trátase nun obradoiro de 1:30 de duración), impartido por profesionais expertos en educación.

Os obradoiros que solicitamos den a ANPA son:

Obradoiros familiares (podes inscribirte a un ou aos dous):

  1. Xestión emocional e autoestima nos menores:
    • Mércores 15 de Maio de 18:00 a 19:30
  2. Falando de sexualidade en familia:
    • Xoves 30 de Maio de 18:00 a 19:30

Contamos cunha ludoteca no centro para facilitar a conciliación familiar (para nenos e nenas maiores de 2 anos).

É necesario un número mínimo de asistentes polo que é necesario cubrir o formulario de inscrición.

Uns días antes confirmaremos a asistencia por email.

Entradas relacionadas