,

Excursión de fin de curso 2023/2024

PRAZAS LIMITADAS!!

¡¡ Xa temos fecha e destino para a nosa excursión de fin de curso deste ano !!
A excursión está aberta a todo o cole, pero as prazas son limitadas, asique reserva a túa.
Este ano, a excursión é a AVENTURA DAKART Sanxenxo, esperemos que o tempo acompañe e poidamos disfrutar dunha xornada de sol!

¿Queredes máis información? Aquí tedes tódolos detalles:

  • ¿Cando? Sábado 8 de Xuño de 2024. Reserva a data na axenda!
  • ¿Temos que madrugar? Temos que estar no CEIP ás 9.20h da mañá. Os buses sairán as 9:45h en punto. ¡Prégase non retrasarse!
  • ¿Qué inclúe?
    • transporte dende o CEIP ata AVENTURA DAKART Sanxenxo e a volta
    • o xantar do mediodía
    • a merenda de media tarde
    • actividades e xogos e os monitores dedicados @s nen@s durante estas actividades.
    • os nenos e nenas irán acompañados no autobús por membros da ANPA.
    • A hora da comida estarán acompañados por membros da ANPA.
  • ¿Qué imos facer? Ademáis de facer unha pequena ruta a pé con visita dos 4 miradores para coñecer o parque, dende que chegamos ata o mediodía estaremos realizando distintas actividades:
    • Tobogán xigante doble en seco de 60 m.
    • Circuitos de árbores (3 niveles de dificultade).
    • Tirolina de 300 m que cruza o lago.
    • Canoas e bicicletas acuáticas.
    • Minigolf.
    • Poderán tamén desfrutar en tempos de espera ou se algún neno ou nena decide non facer alguna das actividades anteriores de: Axedrez xigante, camas elásticas, zona de xogos e rocódromo.
  • ¿Os alumnxs de infantil poderán facer todas as actividades? Non, e por iso se fará unha xincana temática especialmente dirixida para eles mentras se realizan as actividades ás que non poden acceder (por exemplo as bicicletas acuáticas).
  • Se apunto ó meu fillo/a de infantil, ¿Podo acompañalo? Os pais que imos da ANPA estaremos especialmente atentos ós nenxs máis pequenxs pero se algún pai/nai quere acompañar ó seu fillo/a non habería problema.
  • ¿Que pasa se chove? Pois nós encargamos sol para ese día pero… no caso que non veña, traladarase a excursión a outro sábado de Xuño. En caso de non poder asistir outro sábado de Xuño, reembolsarase a reserva económica.
  • ¿Que hai que levar?
    • Gorra e Protector solar. A primeira man, que veña posta dende a casa.
    • Toalla pequena, por se nos mollamos!!!
    • Roupa: o mellor é vir con roupa cómoda que se poida mollar. Levar muda por se nos mollamos.
    • Algo para picotear a media mañá (opcional).
    • Botella con auga (opcional).
  • ¿A volta? Temos previsto estar de volta no CEIP para as 18:45 h aproximadamente.
  • Prezo:
    • Para os socios da ANPA:
      • 22€ polo 1º nen@ da unidade familiar
      • 12€ polo 2º nen@ da unidade familiar
      • Gratis para os seguintes nen@ da unidade familiar
    • Para os non socios: 42€ / nen@
  • ¿Cómo me anoto? Pois cubrindo o formulario e enviando o xustificante de pago a anpa.andaina@nontedurmas.org.

OLLO: As inscricións só se farán efectivas unha vez cuberto o formulario e o pagamento efectuado na conta da ANPA: ES6820805405343040102691

Prazo para anotarse: ata o día 10 de Maio 2024

Bulide que hai prazas limitadas!

Dispoñemos dun máximo de 155 prazas. Na asignación de prazas terán preferencia os socios da ANPA. As demáis prazas asignaranse por orden de inscrición.

A ANPA resérvase o dereito a modificar en calquer momento o número de prazas dispoñibles.

Imaxen: Imagen de jemastock en Freepik

Entradas relacionadas