Excursión fin de curso 25/26

¡¡ Xa temos data e destino para a nosa excursión de fin de curso deste ano !!
A excursión está aberta a tódolas alumnas e alumnos do cole, temos 100 prazas dispoñibles, así que reserva a túa!.
Este ano repetimos en Aventura Dakar na praia de Major

¿Queredes máis información? Aquí tedes tódolos detalles:

  • ¿Cando? Sábado 16 de Maio. Reserva a data na axenda!
  • ¿Temos que madrugar? O xusto e necesario. Saida dos autobuses ás +-09h30
  • ¿Qué inclúe?
    • actividades e xogos varios.
    • canoas
    • tobogán seco
    • tirolina
    • circuito arbóreo
    • tiro con arco (ventosas)
    • minigolf
  • ¿Que pasa se chove? Pois nós encargamos sol para ese día pero… no caso que non veña, traladarase a excursión a outro sábado.
  • ¿Que hai que levar?
    • Gorra e Protector solar.
    • Roupa cómoda.
    • A comida.
    • Botella con auga.
  • ¿A volta? aproximádamente ás 17h00
  • Prezo:
    • Para as familias socias da ANPA:
      • 22€ para 1º nen@ da unidade familiar
      • 12€ para 2º nen@ da unidade familiar
      • GRATIS para os seguintes nen@s da unidade familiar
    • Para os non socios: 42€ / nen@
  • ¿Cómo me anoto? Pois cubrindo o formulario e enviando o xustificante de pago a anpa.andaina@nontedurmas.org.

OLLO: As inscricións só se farán efectivas unha vez cuberto o formulario e o pagamento efectuado na conta da ANPA: ES6820805405343040102691

Prazo para anotarse: ata o venres 8 de maio do 2026 ás 23h59

Ímolo pasar xenial!

A ANPA resérvase o dereito a modificar en calquer momento o número de prazas dispoñibles.

Colabora:

Entradas relacionadas