EN RUTA COA DEPO 2023: A Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo

Prazas esgotadas.

Ola Familias!

Estamos organizando unha excursión para o sábado día 5 de Agosto a A Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo dentro do programa En Ruta coa Depo da Deputación de Pontevedra

En ruta coa Depo” é un programa que leva a cabo a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, dirixido a entidades sen ánimo de lucro, a través do que se lles ofrecen alternativas de ocio e de tempo libre aos distintos colectivos sociais da provincia, coa finalidade de fomentar o tecido asociativo e a convivencia e, ao mesmo tempo, promover e dar a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.

Este programa ten por obxecto a concesión dunha excursión dentro da provincia de Pontevedra á entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de fomentar o tecido asociativo á vez que promociona e dá a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade. 

O programa consiste en pasar un día coñecendo os lugares sinalados na ruta asignada cunha persoa do equipo de guías, e inclúe o xantar e o transporte. As persoas que participen no programa deberán ser socias ou familiares das socias das entidades solicitantes.

A ANPA Andaina presentou a solicitude para participar neste programa e concedéronos 54 prazas para a ruta A Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo.

A Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo
Data: Sábado 5 de Agosto
Inclúe: desprazamento de ida e volta en autobús a Portonovo, traslados Portonovo-Ons, a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia e a comida tipo picnic
Prezo: 13,50€ por persoa (para nenos e nenas menores de 12 anos, a asistencia é gratuíta)
Solicitude de praza: do 17 de Xullo ao 19 de Xullo (pecharase antes se se completan as prazas)
Pago e entrega de documentación: dende a confirmación da praza ata o 21 de Xullo

As prazas adxudícanse por orden de solicitude. Contactaremos coas familias que obteñan praza para solicitar os datos dos participantes, e indicar como proceder co pago. As reservas son por familia, indicando o número de prazas solicitadas.

So poden participar as familias socias (pai, nai, titor legal e os seus fillos e fillas ainda que non sexan alumnos do centro). Os menores non poderán participar solos, deben ir acompañados por un ou dous adultos (pai, nai, titor legal).

Un dos requisitos que debemos cumprir é que o número total de participantes con dereito a praza gratuíta non pode superar o número total de participantes maiores de 12 anos. Aínda así é posible que dispoñamos de algunha praza gratuíta se algunha familia necesita máis prazas gratuitas que prazas para maiores. 

Para solicitar praza debes cubrir o seguinte formulario:

Entradas relacionadas