Comedor e Madruga curso 2023-2024

Achegamos a carta informativa e instruccións que nos pasan dende Arume para a renovación ou a nova contratación dos servizos de almorzos e de comedor para o novo curso escolar 23-24.

Nela tedes toda a información para poder realizar as xestións que necesitedes.

A partir de mañá 2 de agosto xa estará activa a AppColechef para a contratación dos servizos de madruga e comedor.

MOI IMPORTANTE. No caso de alerxias e/o intolerancias debedes comunicalo e enviar o informe médico ao correo electrónicoinfo@arumeservicios.es , tal e como se indica na carta informativa.

Do mesmo xeito que este curso todo xestionarase a través da App Cole chef. Na carta atoparedes todos os pasos que debedes seguir para poder darse de alta nos servizos que actualmente temos no centro escolar.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de setembro para usuarios e usuarias habituais despois desa data terían que ser contratación de esporádicos para o mes de setembro.

O servizo de almorzos e comedor iniciarase o mesmo día que se inician as clases, o luns 11 de setembro 2023.

Como indican na carta, se tedes algunha dúbida ou consulta están á vosa disposición para atendervos no teléfono de atención ás familias 942 42 00 18 ou tamén por correo electrónico en: soporteapp@colechef.com.

Entradas relacionadas