Obradoiro online “Internet Segura”

Dende o 2004 celébrase o día da Internet Segura.

Para concienciar sobre a importancia dunha navegación segura, realizaremos un obradoiro online impartido por “Entrenador Tecnológico” que nos guiará para coñece-los puntos mais importantes dunha navegación segura. Falaremos entre outras cousas dos seguintes temas, pero podedes traer as vosas preguntas anotadas e trataremos de resolvelas todas:

  • Identificar unha WEB segura
  • Contrasinais efectivas e a súa xestión
  • Qué é iso de 2FA e o da I.A.?
  • Certificado dixital
  • Cómo ter controlado o gasto das aplicacións e xogos en PC e consolas.

Cando é o obradoiro: xoves día 15 de febreiro

Onde: a través da plataforma ZOOM

Horario: de 19.30h a 20.30h

Por qué inscribirse: A preinscripción é precisa para poder recibir o enlace do obradoiro de forma segura e controlada.

Onde inscribirse: cubrindo o seguinte formulario –> https://forms.gle/o1YAgULL6a1VuXPR6

Entradas relacionadas