Este ano adiantamos o día de portas abertas para que vos acerquedes e vexades se vos gustan as actividades extraescolares definidas para este curso.
Os próximos días 21, 22, 23 e 24 de setembro poderedes asistir no horario establecido para cada unha das actividades organizadas por Exodega, Anias e Contil que mais vos interesen e comprobar se é o que buscades.
Non é preciso anotarse previamente, só é preciso a asistencia.
Teucro realizará unha actividade en colaboración coa escola para dar a coñecer a extraescolar de balonmán aos alumnos e alumnas de 3° a 6° de primaria.
* CONTIL: hai 2 días de ximnasia rítmica, haberá 2 días a posibilidade de probar a actividade.
* Importante para usuarios do comedor: Dado que non hai que inscribirse, as empresas organizadoras, NON recollerán a ningún neno ou nena do comedor, polo que os que queiran asistir ás actividades deberán ser acompañados polas súas familias dende o comedor ao lugar da actividade.