,

Excursión de fin de curso 2024/2025

¿Queredes máis información? Aquí tedes tódolos detalles:

  • ¿Cando? Sábado 7 de Xuño. Reserva a data na axenda!
  • ¿Temos que madrugar? O xusto e necesario. Terás que estar coa túa familia na Carballeira do San Xusto ( Aquí a ubicación ) ás 10h00 da mañá.
  • ¿Qué inclúe?
    • actividades e xogos populares guiados durante a mañá con monitores especializados.
  • ¿Qué imos facer? Ademáis de facer unha pequena ruta a pé, teremos xogos populares organizados para pasar unha mañá divertida entre familias.
    Despois podedes quedar a comer baixo os carballos e pasar a tarde pola zona, e descubrir a zona dos Baños do San Xusto ( aquí a ubicación ) coñecida pola súa auga “medicinal”.
  • ¿Que pasa se chove? Pois nós encargamos sol para ese día pero… no caso que non veña, traladarase a excursión a outro sábado de Xuño. En caso de non poder asistir outro sábado de Xuño, reembolsarase a reserva económica.
  • ¿Que hai que levar?
    • Gorra e Protector solar.
    • Roupa: o mellor é vir con roupa cómoda.
    • Quen baixe ao río: Toalla pequena, por se alguén mete os pés no río!!!
    • A comida para a túa familia se quedas a comer.
    • Botella con auga (opcional). Hai unha fonte fantástica para coller auga fresca.
  • ¿A volta? A actividade guiada finalizará ao redor das 13h00.
  • Prezo:
    • Para as familias socias da ANPA:
      • GRATIS!!.
    • Para os non socios: 20€ / familia
  • ¿Cómo me anoto? Pois cubrindo o formulario e enviando o xustificante de pago a anpa.andaina@nontedurmas.org.

OLLO: As inscricións só se farán efectivas unha vez cuberto o formulario e o pagamento efectuado na conta da ANPA: ES6820805405343040102691

Prazo para anotarse: ata o martes 3 de Xuño do 2025 ás 23h59

Ímolo pasar xenial!

A ANPA resérvase o dereito a modificar en calquer momento o número de prazas dispoñibles.

Colabora:

Imaxen: Imagen de jemastock en Freepik

Entradas relacionadas