Comedor e Madruga curso 2024/2025

Achegamos a carta informativa para que se poidan dar de alta ou renovar os servizos de madruga e comedor para o próximo curso 2024-25.

MOI IMPORTANTE. No caso de alerxias e/o intolerancias deberán comunicalo e enviar o informe médico ao correo electrónicoinfo@arumeservicios.es , tal e como se indica na carta informativa.

Do mesmo xeito que este curso todo xestionarase a través da App Cole chef. Na carta atoparán todos os pasos que as familias deben seguir para poder darse de alta nos servizos que actualmente temos no centro escolar.

A App estará dispoñible a partir do 15 de xullo finalizando o 2 de setembro para inscribirse como usuario/a habitual, pasada esa data soamente poderanse inscribir como usuarios/as esporádicos/as dos servizos para o mes de setembro.

Como indican na carta, se tedes algunha dúbida ou consulta están á vosa disposición para atendervos no teléfono de atención ás familias 942 42 00 18 ou tamén por correo electrónico en: soporteapp@colechef.com.

Entradas relacionadas