, , ,

Excursión ás Illas Ons coa ANPA!

Actualización (12/07/2024): Aínda nos queda alguna praza. Se estás interesado en asistir a excursión cubre o seguinte formulario antes do martes 16 e contactaremos para confirmache se tes praza.

Formulario reserva de praza

Pediremos unha reserva de 25€ por familia que se devolverá as familias que asistan a excursión no caso de que nos concedan a subvención.

Actualización (09/07/2024): Subvención concedida

Atención familias! A ANPA está a organizar unha excursión ás Illas Ons para o 10 de agosto

Queremos solicitar a subvención +Convivencia da Deputación de Pontevedra, polo que necesitamos saber cantos estades interesados en participar.

O 13 de xuño as 16:00 enviaremosvos un email aos socios coas instruccións para reservar a praza. As prazas adxudícaranse por orden de solicitude.

Que inclúe a excursión?

  • Pasaxe en barco ida e volta á Illa de Ons. Saída do barco as 10:30 de Bueu e barco de volta as 17:30
  • Guía acompañante 
  • Visita con guía de Parque de Illas Atlánticas á illa..
  • Xantar tipo picnic.

Que non está incluído?

  • Transporte ata Bueu

Canto custa?

O prezo final da excursión dependerá da subvención que consigamos do programa “+Convivencia” da Deputación.

Este é o coste sen subvención:

  • Adultos: 20 € 
  • Nen@s (4-12 años): 50% de descuento (10 €)
  • Nen@s (0-3 años): Gratis

Pediremos unha reserva de 25€ por familia que se devolverá as familias que asistan a excursión no caso de que nos concedan a subvención.

É posible que o custo sexa menor ou incluso non teña custo, pero non o podemos garantir neste momento.

Informarémosvos do prezo definitivo o antes posible.

Requisitos:

  • So poden participar as familias socias (pai, nai, titor legal e os seus fillos e fillas ainda que non sexan alumnos do centro). 
  • Os menores non poderán participar solos, deben ir acompañados por un ou dous adultos (pai, nai, titor legal).

¡Non esquezas que estamos a traballar para conseguir a subvención e informarévosvos do prezo final o antes posible!

Entradas relacionadas