LOGRÁMOLO! O CEIP XUNQUEIRA II XA É UN ESPAZO CARDIOPROTEXIDO

Xa temos o DESA instalado no centro.

Grazas a todos os que o fixestes posible:

  • A unha mami que tivo a idea de conseguir un DESA para o cole e contactou coa ANPA e co cole para trasladarnos a súa proposta e ademais se encargou de levar a cabo este proxecto de principio a fin.
  • Ao dirección do cole pola boa acollida desta proposta
  • As familias e persoal do centro que non dubidaron en colaborar cando pedimos a súa axuda.
  • Aos profesores que asistiron a un cursiño de RCP básica para estar mellor preparados ante unha situación de emerxencia.

O cole facémolo tod@s así que toda proposta e colaboración é benvida.

Entradas relacionadas