Actualizado: Concurso “Deseña a túa portada” para festexar as Letras Galegas

Xa temos gañadores do concurso ” Deseña a tua portada”

Neste caso as agraciadas foron:

1º Premio: Nerea Muñoz Pérez de 4º A de Primaria

2º Premio: Noa Couñago Alonso de 3º A de Primaria

3º Premio: Carola Chan Fortes de 1 A de Primaria

Parabén ás tres e moitas felicidades a todos os participantes porque os traballos foron ben bonitos!!

Ademais todos eles teran agasallos pola súa participación

A entrega de premios será o vindeiro xoves 15 de xuño as 18:05 horas

Non nos esquecemos dos nosos colaboradores:    

  • Cincelaser Agasallos Personalizados
  • Libreria Clip Pontevedra
  • Libreria Sant Yago
  • Editorial Xerais

Moitisimas Grazas a todos!!

Co patrocinio do Concello de Pontevedra

Xa chegou o Día das Letras Galegas que, como ben sabedes, este ano está adicado a Francisco Fernández del Riego. Con motivo da celebración desta data tan importante, dende a Anpa Andaina propoñémosvos o concurso “Deseña a túa portada”, no que poderá participar todo o alumnado do CEIP A Xunqueira II e que xurde co obxectivo de que os nenos e nenas do centro escolar festexen este día tan sinalado deixando voar a súa imaxinación para converterse nos autores da súa propia portada de libro.
BASES
1.- Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados no CEIP A Xunqueira II no curso escolar 2022-2023 e só se aceptará unha obra por nen@.
2.- O alumnado que decida participar no concurso deseñará a portada dun libro na que deberá aparecer (ou no título -que deberá de ser en galego- ou no debuxo) un camiño, facendo alusión á autobiografía de Francisco Fernández del Riego, titulada “Camiño andado”, que foi publicada no ano 2003. Para o alumnado de Infantil e de 1º de Primaria non será necesario que a portada inclúa un título, cun debuxo feito con moito agarimo será máis que suficiente.
3.- O tamaño do deseño será, como máximo, dun DIN A-4 e será válida calquera tipo de técnica (acuarela, pintura, colaxe…). Deixade voar a vosa imaxinación!
4.- O prazo para entregar os traballos rematará o día 31 de maio de 2023 ás 14:00 horas.
5.- Para participar no concurso haberá que enviar un correo electrónico a
anpa.andaina@nontedurmas.org xuntando unha fotografía da portada deseñada polo neno ou nena e facendo constar os seguintes datos:

  • Nome e apelidos e curso do alumno ou alumna participante
  • Nome e apelidos do titor ou tirora legal
  • Teléfono de contacto
    Tamén se poderán depositar as obras de arte na caixa de correos que ten a Anpa no centro escolar. Neste caso, irán nun sobre pechado, que deberá conter o debuxo e os datos persoais mencionados anteriormente.

6.- Unha vez rematado o prazo de entrega das portadas do alumnado do centro, dende a Anpa faremos unha listaxe con todas as persoas participantes, asignándolle a cada unha un número co que participará nun sorteo de tres lotes de libros doados pola editorial Xerais. Como pasa con algúns camiños, que parecen non ter fin, este tamén quedará aberto, así que intentaremos ir completando estes lotes con algunha sorpresiña máis.
7.- O sorteo celebrarase o día 7 de xuño de 2023 e dende a Anpa poñerémonos en contacto cos gañadores ou gañadoras para facerlles entrega do premio o día e do xeito que con eles se acorde, facéndose públicos os resultados no blog e nas redes sociais da Anpa (nome e apelido do neno ou nena e curso).
8.- A participación no concurso implica a aceptación das bases e con ela autorízase á Anpa a publicar nas súas redes sociais os debuxos participantes incluíndo como identificación o nome e apelidos do autor ou autora e o seu curso.
9.- Os datos persoais incluídos neste concurso non serán comunicados nin cedidos a terceiros fóra do desenvolvemento do concurso e os interesados poderán revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento no enderezo anpa.andaina@nontedurmas.org.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Entradas relacionadas