Bo día familias!
Como sabedes, onte a tarde convocamos as familias que tiñan preguntas sobre as extraescolares e o funcionamento da ANPA para tratar de aclarar esas dúbidas. Se aínda tedes algunha pregunta podedes trasladárnola por email.
Para o que si nos serviu a nós a reunión foi para recoller algunha das vosas propostas:
- Contar cas familias socias cando necesitemos que nos boten una man
- Dar visibilidade ao traballo que supón estar na Directiva xa que a principal dúbida a hora de presentarse e se vos vai a quitar moito tempo.
Así que tomámosvos a palabra, e iremos ampliando estes puntos en próximas entradas no blogue.
E o punto máis importante:
¿Imos ter ANPA este curso? Si, xa temos xente para continuar ca Xunta Directiva. Pero as portas seguen abertas. Imos agardar esta semana para aqueles que aínda o estades pensando. Así que xa sabedes, mandádenos un mail antes de que remate a semana porque a próxima semana queremos quedar cos que se animan para facer xa o cambio da Xunta Directiva.