
Xa temos o DESA instalado no centro.
Grazas a todos os que o fixestes posible:
- A unha mami que tivo a idea de conseguir un DESA para o cole e contactou coa ANPA e co cole para trasladarnos a súa proposta e ademais se encargou de levar a cabo este proxecto de principio a fin.
- Ao dirección do cole pola boa acollida desta proposta
- As familias e persoal do centro que non dubidaron en colaborar cando pedimos a súa axuda.
- Aos profesores que asistiron a un cursiño de RCP básica para estar mellor preparados ante unha situación de emerxencia.
O cole facémolo tod@s así que toda proposta e colaboración é benvida.









