¿Queredes máis información? Aquí tedes tódolos detalles:
- ¿Cando? Sábado 7 de Xuño. Reserva a data na axenda!
- ¿Temos que madrugar? O xusto e necesario. Terás que estar coa túa familia na Carballeira do San Xusto ( Aquí a ubicación ) ás 10h00 da mañá.
- ¿Qué inclúe?
- actividades e xogos populares guiados durante a mañá con monitores especializados.
- ¿Qué imos facer? Ademáis de facer unha pequena ruta a pé, teremos xogos populares organizados para pasar unha mañá divertida entre familias.
Despois podedes quedar a comer baixo os carballos e pasar a tarde pola zona, e descubrir a zona dos Baños do San Xusto ( aquí a ubicación ) coñecida pola súa auga “medicinal”. - ¿Que pasa se chove? Pois nós encargamos sol para ese día pero… no caso que non veña, traladarase a excursión a outro sábado de Xuño. En caso de non poder asistir outro sábado de Xuño, reembolsarase a reserva económica.
- ¿Que hai que levar?
- Gorra e Protector solar.
- Roupa: o mellor é vir con roupa cómoda.
- Quen baixe ao río: Toalla pequena, por se alguén mete os pés no río!!!
- A comida para a túa familia se quedas a comer.
- Botella con auga (opcional). Hai unha fonte fantástica para coller auga fresca.
- ¿A volta? A actividade guiada finalizará ao redor das 13h00.
- Prezo:
- Para as familias socias da ANPA:
- GRATIS!!.
- Para os non socios: 20€ / familia
- Para as familias socias da ANPA:
- ¿Cómo me anoto? Pois cubrindo o formulario e enviando o xustificante de pago a anpa.andaina@nontedurmas.org.
- Formulario de inscrición: https://forms.gle/JvMiP5zQvixuRu3v9
OLLO: As inscricións só se farán efectivas unha vez cuberto o formulario e o pagamento efectuado na conta da ANPA: ES6820805405343040102691
Prazo para anotarse: ata o martes 3 de Xuño do 2025 ás 23h59
Ímolo pasar xenial!
A ANPA resérvase o dereito a modificar en calquer momento o número de prazas dispoñibles.
Colabora:

Imaxen: Imagen de jemastock en Freepik
