
Queremos que a nosa escola sexa un espazo cardioprotexido❤️ e precisamos que tod@s participemos para conseguilo.
A qué nos referimos?
Este nadal véndense 🎫 rifas para o sorteo de dúas cestas de nadal, cortesía dunha nai do cole 🤗🤗
Co recaudado mercarase un DESA (desfibrilador semiautomático) para a escola. Para quen non saiba que é isto dun DESA aquí vos deixamos un video. Decirvos que con este aparatiño podense salvar moitas vidas!
Ramón Campos explica cómo usar el desfibrilador REANIBEX 200 – YouTube
Qué podes facer ti? Soci@s e non soci@s podedes mercar / vender tantas rifas coma poidades!
CADA RIFA se adquire por donativo de 2€.
🤔 Onde podo mercarlas?
Tedes dúas opcions!
- Pódense adquirir as rifas a partir deste xoves 24 de novembro na propia escola. En horario de saída (14h) podedes achegarvos á conserxería para mercar tantas rifas coma queirades.
Importante: Levade o importe exacto!!! - Podedes levar un talonario enteiro para casa e axudar na venta. Xa sabedes…vender a amigos, familia, no traballo!! Un talonario son 25 rifas. Tense que devolver o talonario coas rifas sobrantes e o recaudado antes do 19 de decembro.
Para recibir un talonario escribide a: anpa.andaina@nontedurmas.org co asunto : rifas nadal. Fai constar o teu nome (nome e curso d@ nen@) e o número de contacto para xestionar a entrega do talonario.
Cándo se celebrará o sorteo? O día 22 de decembro (último día de cole) por persoas alleas á Xunta directiva da ANPA.
Os gañadores serán publicados nas nosas redes sociais a partir do día do sorteo. Os dous premiados deberán poñerse en contacto coa ANPA para facilitar un teléfono de contacto para achegar a cesta.
No caso que o 29 de decembro non teñamos contacto dalgun/a das/dos gañador@s o contido da cesta será doado.
🙏Grazas pola vosa participación!🙏