-
Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Resolución do 25 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. Obxecto, réxime e convocatoria. 1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras que se inclúen como anexo, que rexerán…
-
Mexturanzas
MESTURANZAS é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as…
-
Campamentos de Verán 2011
Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2011 e se procede á súa convocatoria. * Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os mozos e mozas de 9 a 18 anos. *Prazo de solicitude: Do 8 ao…
-
“Ao Carón do Lar” Contos populares galegos de tradición oral
A Biblioteca Pública de Pontevedra organiza un obradoiro de animación á lectura dentro do seu programa “Contos no Nadal” para as vindeiras vacacións, os día 27, 28, 29, 30 de decembro e dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Obradoiros: Obradoiro para nenos / nenas de 8 a 12 anos de 10:30…
-
Blog do ANPA Andaina do CEP Xunqueira II de Pontevedra
Benvidos ao Blog da ANPA Andaina do CEP Xunqueira II de Pontevedra. Bienvenidos al Blog del ANPA Andaina del CEP Xunqueira II de Pontevedra. Este blog pretende ser de utilidade para os pais e nais dos nenos e nenas do CEP Xunqueira II, polo que vos agradezo calquer suxerencia destinada a melloralo. Un saúdo dende…