Ola a tod@s as familias do CEIP Xunqueira n2!
Estamos rematando un novo curso escolar e por iso dende a xunta directiva da nosa Anpa convocámosvos a unha xuntanza.
DÍA: Xoves 27/06/2024
LUGAR: Patio do CEIP Xunqueira 2
HORA: 1ª convocatoria ás 19:30h e 2ª convocatoria 19:45
Co seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Lectura e aprobación do estado de contas
- Resumo e aprobación das xestións feitas durante o presente curso e actividades pendentes
- Aprobación da creación dunha nova conta no banco Santander baixo o acordo entre CEAPA e FANPA para a reducción das comisións.
- Cotas familias socias curso 2024/2025
- Presentación das extraescolares do curso 2024/2025
- Renovación xunta directiva ou adiamento de elección de nova xunta directiva do ANPA ANDAINA á reunión de inicio de curso 2024/2025
- Rogos e preguntas