A Illa de Ons agárdanos o sábado 10 de agosto!

Xa queda menos para a nosa escapada á Illa de Ons!

10 de agosto, 19 familias (65 participantes) poñemos rumbo a Ons para compartir unha xornada de Convivencia co fin de poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da Illa.

Para esta saída, temos unha subvención concedida no marco do programa +CONVIVENCIA do Servizo de Benestar Social da Deputación de Pontevedra.

image.png

¿Cal é o plan?:

  • 10:00h(aprox.): Quedamos no porto de Bueu para entregarvos os billetes e unha camiseta coa que nos agasalla a Deputación de Pontevedra.
  • 10:30h: Saída do Barco dende o porto de Bueu cara Ons
  • 11:00h (aprox.): Chegada a illa e visita con guía de Parque de Illas Atlánticas a Illa
  • 13:00 (aprox.): PÍCNIC*: 1º Empanadilla + 2º bocadillo de tortilla + froita + snack + auga
  • Tarde libre: Tempo para relaxarnos na praia, explorar a illa ou simplemente desfrutar da paisaxe.
  • 17:30h: Saída do Barco dende Ons cara o Porto de Bueu. (O guía informaranos da hora a que debemos presentarnos para embarcar)

*O PÍCNIC É O MESMO PARA TODOS EXCEPTUANDO OS PASAXEIROS QUE NOS INDICARON QUE PRECISABAN MENÚ ADAPTADO.

Entradas relacionadas