A ANPA e a actividade/excursión de fin de curso de 6º de Primaria

Para despedirnos dos nenos e nenas que nos acompañaron durante estos últimos cursos, ofrecemos un desconto na actividade/excursión de fin de curso de 6º de Primaria que organizan as familias. Este desconto só o poden solicitar as familias socias con algún fill@ no curso de sexto de primaria.

Como funciona?

  1. A ANPA ofrece un desconto aos alumn@s de sexto que realicen unha actividade/excursión:
    • 10€ para familias socias durante o curso vixente.
    • 20€ para familias socias do curso vixente e un dos dous cursos anteriores.
    • 30€ para familias socias durante os tres últimos cursos. (Máximo de 30€ por neno/a)
  2. As familias socias poñense en contacto coa ANPA para informar da súa participación:
    • Un representante das familias ponse en contacto coa ANPA para comunicar os nomes dos nenos/as que participarán na actividade/excursión e que son membros de familias socias.
    • A ANPA verifica que os nenos/as apuntados son socios/as deste curso e calcula a cantidade que lles corresponde a cada un/ha.
  3. A ANPA ponse en contacto co representante das familias para comunicarlle as cantidades asignadas a cada neno/a.
    • O representante das familias informa ás familias da cantidade que lles corresponde e actúa como interlocutor único entre a ANPA e as familias en relación co desconto.
  4. O representante das familias contacta co organizador da actividade/excursión para que emita a nome da ANPA a factura polo total dos descontos concedidos ás familias socias que participan na actividade/excursión.
  5. O provedor da actividade/excursión emite a nome da ANPA a factura correspondente.
  6. A ANPA paga a factura emitida polo organizador da actividade/excursión ao seu nome.
  7. As familias con desconto, pagan un importe menor da actividade/excursión.

Vantaxes de ser socio/a da ANPA:

  • Desconto na actividade/excursión de fin de curso: Axuda económica para que todos os nenos e nenas poidan participar.
  • Xestión centralizada: Un único interlocutor para as familias por actividade/excursión (se houbera mais de unha), sendo este o representante das familias, evitando a consulta repetitiva de información.
  • Maior organización: Facilita a organización do desconto e o pago ao provedor.

Recorda:

  • Ser socio/a da ANPA ten moitas máis vantaxes! Consulta a nosa páxina web ou ponte en contacto connosco para máis información.
  • O desconto está condicionado á aceptación previa do provedor da actividade/excursión.
  • O representante das familias xestionará a comunicación co provedor en relación co desconto.
  • A aplicación deste desconto e as cantidades indicadas pode variar ao longo dos cursos se así o deciden os socios en Asemblea ou se a ANPA dispón de fondos suficientes para facer frente a dito desconto.
  • O desconto non pode ser superior ao coste da actividade.
  • O desconto da actividade/excursión farase sempre a través do provedor da mesma cunha factura oficial, en ningún caso a ANPA dará cartos en man nin por ningún outro medio ás familias socias.

Nota: É importante destacar que a figura do representante das familias é clave para o bo funcionamento deste procedemento. As familias deben autorizar a esta persoa para que as represente e as informe correctamente sobre o desconto da actividade/excursión. A ANPA ponse a disposición do representante das familias para aclarar calquera dúbida e ofrecerlle o seu apoio.

Exemplo de modelo que nos pode remitir o representante das familias, a ANPA devolvería cos importes revisados. É importante que cada familia asine na última columna para autorizarnos a comunicar os datos dos cursos nos que foi socia e o desconto que lle corresponde.

A ANPA revisará que os datos comunicados corresponden cos nosos datos e en caso de discrepancia contactará coa familia para ver onde está o erro.

Nome do alumno/aCurso (A/B)email familia sociasocia curso actualsocia curso anteriorsocia fai 2 cursos anteriorDescontoAutorizo a comunicación dos datos ao representante das familias
Alumna 16Amail@mail.comSINONSI20€(Firma da familia)
Alumno 26Bmail2@mail.comSI?NON(Firma da familia)