Para despedirnos dos nenos e nenas que nos acompañaron durante estos últimos cursos, ofrecemos un desconto na actividade/excursión de fin de curso de 6º de Primaria que organizan as familias. Este desconto só o poden solicitar as familias socias con algún fill@ no curso de sexto de primaria.
Como funciona?
- A ANPA ofrece un desconto aos alumn@s de sexto que realicen unha actividade/excursión:
- 10€ para familias socias durante o curso vixente.
- 20€ para familias socias do curso vixente e un dos dous cursos anteriores.
- 30€ para familias socias durante os tres últimos cursos. (Máximo de 30€ por neno/a)
- As familias socias poñense en contacto coa ANPA para informar da súa participación:
- Un representante das familias ponse en contacto coa ANPA para comunicar os nomes dos nenos/as que participarán na actividade/excursión e que son membros de familias socias.
- A ANPA verifica que os nenos/as apuntados son socios/as deste curso e calcula a cantidade que lles corresponde a cada un/ha.
- A ANPA ponse en contacto co representante das familias para comunicarlle as cantidades asignadas a cada neno/a.
- O representante das familias informa ás familias da cantidade que lles corresponde e actúa como interlocutor único entre a ANPA e as familias en relación co desconto.
- O representante das familias contacta co organizador da actividade/excursión para que emita a nome da ANPA a factura polo total dos descontos concedidos ás familias socias que participan na actividade/excursión.
- O provedor da actividade/excursión emite a nome da ANPA a factura correspondente.
- A ANPA paga a factura emitida polo organizador da actividade/excursión ao seu nome.
- As familias con desconto, pagan un importe menor da actividade/excursión.

Vantaxes de ser socio/a da ANPA:
- Desconto na actividade/excursión de fin de curso: Axuda económica para que todos os nenos e nenas poidan participar.
- Xestión centralizada: Un único interlocutor para as familias por actividade/excursión (se houbera mais de unha), sendo este o representante das familias, evitando a consulta repetitiva de información.
- Maior organización: Facilita a organización do desconto e o pago ao provedor.
Recorda:
- Ser socio/a da ANPA ten moitas máis vantaxes! Consulta a nosa páxina web ou ponte en contacto connosco para máis información.
- O desconto está condicionado á aceptación previa do provedor da actividade/excursión.
- O representante das familias xestionará a comunicación co provedor en relación co desconto.
- A aplicación deste desconto e as cantidades indicadas pode variar ao longo dos cursos se así o deciden os socios en Asemblea ou se a ANPA dispón de fondos suficientes para facer frente a dito desconto.
- O desconto non pode ser superior ao coste da actividade.
- O desconto da actividade/excursión farase sempre a través do provedor da mesma cunha factura oficial, en ningún caso a ANPA dará cartos en man nin por ningún outro medio ás familias socias.
Nota: É importante destacar que a figura do representante das familias é clave para o bo funcionamento deste procedemento. As familias deben autorizar a esta persoa para que as represente e as informe correctamente sobre o desconto da actividade/excursión. A ANPA ponse a disposición do representante das familias para aclarar calquera dúbida e ofrecerlle o seu apoio.
Exemplo de modelo que nos pode remitir o representante das familias, a ANPA devolvería cos importes revisados. É importante que cada familia asine na última columna para autorizarnos a comunicar os datos dos cursos nos que foi socia e o desconto que lle corresponde.
A ANPA revisará que os datos comunicados corresponden cos nosos datos e en caso de discrepancia contactará coa familia para ver onde está o erro.
| Nome do alumno/a | Curso (A/B) | email familia socia | socia curso actual | socia curso anterior | socia fai 2 cursos anterior | Desconto | Autorizo a comunicación dos datos ao representante das familias |
| Alumna 1 | 6A | mail@mail.com | SI | NON | SI | 20€ | (Firma da familia) |
| Alumno 2 | 6B | mail2@mail.com | SI | ? | NON | (Firma da familia) | |